Comarcas

Á Subdelegación do Goberno non parece interesarlle a seguridade dos veciños de As Neves

reunión As NevesO alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, convocara para este xoves, día 15, ás 9 da mañá, a Comisión Municipal de Seguridade no que, ademáis do goberno local, debían estar presentes os representantes dos tres grupos políticos da Corporación- PP, BNG e PSOE- e o responsable comarcal da Garda Civil.

Pese a ter confirmación deste último responsable, o capitán Gerardo Calvo, este chamou ao alcalde pouco antes de iniciarse a xuntanza para transmitirlle que non tiña autorización da Subdelegación do Goberno para asistir á mesma.

Xosé Manuel Rodríguez púxose en contacto co subdelegado, Antonio Coello, quen lle transmitiu que o procedemento para este tipo de convocatorias non contempla a participación na mesma dos grupos políticos municipais e emplazouno a unha nova xuntanza, nos vindeiros días, na sede da Subdelegación do Goberno, en Pontevedra, unha cita á que so acudirá o alcalde como máximo representante do Concello.

Con todo, a Comisión Municipal de Seguridade mantivo a reunión programada e os grupos acordaron convocar periódicamente a mesma, dada a preocupación dos veciños polos roubos e asaltos a casas do concello durante varios meses. Tamén  instaron a que o goberno local pedise ás Forzas e Corpos de Seguirdade do Estado que estreitasen os canles de comunicación coas autoridades locais, a fin de transmitirlles calquera incidencia que poidese producirse no municipio.

Asemesmo, a Corporación desexa coñecer as medidas que a Garda Civil puxo en marcha para garantir a seguridade dos veciños, “considerando a dispersión da poboación nevense” e, por último, o goberno local facilitará a celebración de sesións públicas, coa asistencia de profesionais dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, para instruir aos cidadáns tanto en medidas para a súa autoprotección como naquelas que deben adoitar se son víctimas dun delito. 

También te puede interesar