Galicia

Chega a Marea Galega

MareaAnova, Cerna, Compromiso por Galicia, Espazo, Equo, Esquerda Unida e Podemos, as sete formacións que acudiron onte a xuntanza convocada por ‘Encontro Cidadán por unha Marea Galega’, acordaron presentarse xuntas ás Eleccións Xerais do vindeiro 20 de decembro e, tamén ás Elección sao Parlamento de Galicia, o ano que ven.

Todas elas están dacordo en que “hai que rematar coas políticas de austericidio, corrupción e involución democrática do PP, recuperando as institucións para o servizo dos cidadáns”. As devanditas formacións apostan por unha “candidatura cívica”, cunhas Primarias abertas á cidadanía e na que non haxa discriminación das mulleres nas candidaturas.

O programa será o mandato para os representantes que sexan elixidos que terán que asinar un compromiso ético que deberán cumprir, tendo como centro do mesmo a honradez, transparencia e eliminación de privilexios. Ademáis haberá un mecanismo que garanta a rendición de contas.

^Para rematar, Anova, Cerna, Compromiso por Galicia, Espazo, Equo, Esquerda Unida e Podemos subliñan que “esgotado o prazo para asumir outra forma xurídica distinta, o máis exeitado é a coalición de partidos”.

También te puede interesar