Vigo al minuto

O número de persoas ocupadas en Vigo xa é menor das 150.000

TraballandoSegundo advirten as centrais sindicais, o terceiro trimestre deste 2015 concluíu con 600 persoas ocupadas menos na cidade de Vigo das que había no trimestre anterior. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) tamén reflicte como “nos últimos doce meses se teñen destruído por volta de 3.700 postos de traballo”. En comparación co terceiro trimestre de 2009, o número de vigueses e viguesas con emprego descendeu en 14.000 persoas. Coa última EPA o número de persoas ocupadas na cidade sitúase por debaixo das 150.000, e a taxa de ocupación retrocedeu até o 46,4% fronte o 46,7% de 2014 ou o 51,7% de 2009.

Estes datos confirman, segundo a CIG, que tras os descensos no número de parados e paradas “non está a anunciada recuperación económica, senón outras causas como a emigración”, sobre todo de xente nova. Nese sentido, “refiren que a poboación activa continúa a retroceder, e en setembro de 2015 había case 9.000 activos menos que seis anos antes”.

A nivel sectorial, denuncia a “grave situación que atravesan as actividades industriais, que non recuperan nin carga de traballo nin emprego, e especialmente o sector da construción, no que no último trimestre se destruíron 1.300 empregos”.

Precariedade

Un “cadro laboral agravado pola xeneralización da precariedade”. Un de cada catro traballadoras da cidade de Vigo ten un emprego a tempo parcial (23,85%). Situación que non parece se poida inverter toda vez os datos das novas contratacións amosan que “máis do 90% dos contratos subscritos cada mes son temporais, e unha crecente predominancia dos traballos a tempo parcial”.

You may also like