Comarcas

A Deputación aproba investimentos por 1,5 millóns de euros para Mondariz, A Cañiza e Pontevedra

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dun anticipo de 300.000 € ao concello de Mondariz con destino á financiación de investimentos en diversas infrestructuras.

Así o acordou o equipo de goberno da nova Deputación na súa sesión celebrada o pasado mércores. Este anticipo xurde da necesidade de liquidez do concello de Mondariz, cun orzamento practicamente esgotado e a necesidade de afrontar a realización ou o pago de investimentos xa feitos. O concello de Mondariz terá un prazo de 15 anos para a devolución deste anticipo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén adxudicou a obra de mellora do entorno do santuario da Franqueira en A Cañiza á empresa Narom SL. por un importe de 251.115,73 € cun prazo de execución de dous meses. Esta cantidade supón case que un 20% de aforro sobre o prezo de licitación que foi aprobado no pasado mes de marzo polo anterior equipo de goberno.

Por último, o equipo de goberno tamén adxudicou dúas parcelas do polígono Barro-Meis a empresa «Hijos de Rivera S.A.U. Estrella Galicia». Trátase de dous espazos con máis de cinco metros cadrados no que a empresa fará unha inversión superior os 900.000 €. Polas dúas parcelas «Estrella Galicia» deberá pagar unha cantidade superior o medio millón de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.