Vigo al minuto

A Marea de Vigo rexeita os orzamentos municipais que “están lonxe da realidade social”

Os concelleiros de A Marea de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación
Os concelleiros de A Marea de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación

O grupo municipal da Marea de Vigo considera que os orzamentos presentados polo goberno municipal para o 2016 “carecen de resposta social que palie as políticas regresivas nos orzamentos que se están a debater no Parlamento de Galicia e se aprobaron no Congreso dos Deputados”.

Para a Marea de Vigo, a proposta de orzamentos presentada polo goberno municipal, “parte da base da existencia dunha recuperación económica que non é tal”, considerando que a realidade social é de exclusión social e precariedade laboral causados pola crise económica. Por isoa Marea de Vigo considera un erro o priorizar gastos superfluos basicamente ornamentais ou mesmo as amortizacións rápidas da débeda sobre inversión en política social e en emprego.

Rubén Pérez, voceiro da Marea, denuncia tamén a “hipocrisía deste goberno municipal” cando se vangloria dos orzamentos en acción social cando “o que fai é exactamente un cambio de nome nas partidas nas axudas ás familias sen incrementar nin un só euro nas mesmas”.

Do mesmo xeito, desde o Grupo Municipal da Marea, se fai unha “crítica ó modo no que se xestionó a elaboración dos orzamentos, sen a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración dos mesmos, sendo estes os axentes máis achegados á realidade dos e das viguesas” e polo tanto, os actores fundamentais para a elaboración da proposta máis axeitada para a cidade, e polo tanto, o Grupo Municipal da Marea, tras escoitar e recoller suxestións de cidadáns e colectivos da cidade, “presentará propostas ou alegacións parciais a aplicacións orzamentarias concretas”.

También te puede interesar