Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA provincia recibiu un 18% máis de turistas ata finais de setembro que no mesmo período de 2014
Este verán as oficinas de turismo da provincia de Pontevedra rexistraron un 18,6% máis de turistas que con respecto ó verán de 2014. Según informa a Deputación, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2015 a provincia recibiu un 18,29% máis de turistas que con respecto ó mesmo período do ano anterior.
O 51,16% dos turistas que viñeron a Pontevedra foron mulleres que non coñecían as Rías Baixas (74,45%). O 46% dos visitantes tiñan entre 35 e 60 anos, o 19% son maiores de 60 anos, o 18% entre 18 e 35 anos e o 17% son menores de 18 anos. Con respecto ó ano 2014, detectase un turismo máis xuvenil fronte ó 2014, no que o grupo de maiores de 60 anos era máis numeroso.
O 72% dos turistas que nos visitaron este verán foron españois pero non galegos, o 15% galegos e o 13% estranxeiro, detectándose, con respecto ó 2014 un incremento do turismo nacional ata un 5% máis.
A estancia en Galicia foi de 7 días e máis e aloxáronse en Sanxenxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, O Grove, Poio, Vigo, A Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e Cangas.
Durante este verán, o 43,06% dos turistas aloxáronse en hoteis, o 17,31% de paso, o 11,8% en apartamentos, o 4,95% en domicilios particulares e o 3,87% en establecementos de turismo rural. En comparación co ano 2014, entre o 1 de xaneiro e 30 de setembro de 2015 detéctase unha subida dos turistas que se aloxan en hoteis (un 14,64% máis), en apartamentos (un 10,23% máis) e en establecementos de turismo rural (un 4,4% máis).
En canto ós motivos que levaron ós turistas a visitarnos durante este verán destacaron a natureza, a cultura, o Camiño de Santiago e os eventos. Detéctase un incremento do 20% no interese pola natureza con respecto ó 2014. Ademais, entre os folletos máis demandados polos turistas nas oficinas de turismo da provincia de Pontevedra, destacan o mapa provincial, a guía de turismo cultural, a guía de rías e ríos e a guía de turismo familiar.