Cultura

Lugo, ‘Mellor Destino Turístico Accesible’ do Estado

MurallaSe fai uns días coñeceuse que un queixo de Lugo é o mellor do Estado, este martes a cidade bimilenaria– capital da provincia con máis galardóns como Patrimonio da Humanidadeven de ser elixida como Mellor Destino Turístico Accesible.

A cidade da Muralla-tamén Patrimonio da Humanidade- é a mellor para persoas con problemas de mobilidade, dacordo cunha iniciativa impulsada, por segundo ano consecutivo, pola empresa especializada en solucións de accesibilidade ThyssenKrupp Encasa, para seleccionar o Destino Turístico Accesible de España a traveso das redes sociais.

Lugo recibiu o maior número de apoios de entre un total de 44 municipios que promoven a eliminación de barreiras arquitectónicas, cun total de 5.109 votos, seguida de Ourense, con 3.963 e Allariz, con 919. Entre todas as candidaturas presentadas rexistráronse máis de 16.400 votos a través da web www.destinoaccesible.es

También te puede interesar