As oficinas de obra da Unión Temporal de Empresas (UTE) que acometerá a primeira fase das obras de urbanización dos sistemas xerais da Plataforma Logística e Industrial Salvaterra-As Nieves (PLISAN), estarán en As Neves, tal e como confirmou a UTE ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que fixera varias xestións para que as mesmas se ubicasen no seu concello.
A UTE- integrada por Civisglobal, Construcciones Taboada y Ramos, S.L. e Construcciones, Obras y Viales, S.A. (Covsa)-ocupara dous pisos na céntrica rúa Doutor Martínez Rodríguez, e as oficinas abrirán as súas portas a vindeira semana, coincidindo co desenrolo dos traballos, que durarán ano e medio e habilitarán a zona máis achegada ao enlace coa autovía.
Cambio de ubicación da gardería
Ademáis, o alcalde mantivo unha xuntanza este venres, en Compostela, co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para plantexarlle o traslado da Gardería, que na actualidade está nas mesmas dependencias que o Centro de Saúde, ao colexio público que dispón de tres aulas libres que poderían ser utilizadas para esta finalidade.
Rey Varela amosouse favorable a este plan, que conta co visto bo do propio Concello de As Neves, da dirección do Colexio e da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e que, de paso, permitiría ampliar, unha vez que oa gardería abra no colexio, acometer a ampliación do centro sanitario.
Dado que trátase dun proxecto que require a intervención da propia Consellería de Política Social, da de Educación e da de Sanidade, no prazo dunha semana despois da toma de posesión do , novo xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, este desplazarase ata As Neves para coñecer de primeira man a proposta de traslado e ubicación da gardería e iniciar os trámites para levalo a cabo.