É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másUn morto e 72 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana
O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 72 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 13 de novembro e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 15 . O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 72 persoas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 sinistros, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres sinistros.
En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 6 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.