Cultura

Concellos, emprego, benestar e igualdade, eixos dos 152 millóns de orzamento da Deputación para 2016

A presidenta e o vicepresidente da Deputación
A presidenta e o vicepresidente da Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera presentaron este xoves os orzamentos da institución provincial que ascenden ate 152 millóns de euros o que representa un 2,4 % máis que o ano 2015.

Silva destacou que o orzamento e o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial como o destaca o maior protagonismo dos concellos e a eliminación das partidas de libre disposición. En total, dixo, son cinco os eixes principais das novas políticas, centradas nos concellos, o emprego, o territorio, a igualdade e a cohesión social e a xuventude.

Os mesmos están dotados de distintas partidas económicas: as axudas aos concellos acadarán a cifra de 47,5 millóns de euros entre o “Plan Concellos 2016”; a asistencia técnica-xurídica; e a proteción do medio natural . “En total estamos a aplicar o 66 % dos gastos en investimentos e transferencias de capital da totalidade do orzamentos aos concellos da provincia”, subliñou Carmela Silva.

O Emprego contará con máis de 13 millóns de euros de dotación e comprenderá as partidas para  concellos, os programas de prácticas laborais en empresas e administracións ou o autoemprego de investigadores “para o que acadaremos un protocolo de actuación coa Universidade de Vigo e os campus de Vigo e Pontevedra”, destacou a presidenta. ” O 8,5% do total do orzamento vai dedicado aos distintos programas de emprego”, indicou.

No que respecta a mellora da mobilidade e seguridade viaria nas vías provincias as partidas ascende aos 16 millóns de euros.

O cuarto eixe das políticas da nova Deputación é a Igualdade, para a que se creou o novo servizo, e que para 2016 contará cun orzamento de 767.313 €.

Dentro das partidas de Cohesión Social, os servizos sociais municipais para os concellos de menos de 20.000 habitantes contarán cunha dotación económica de 2,6 millóns de euros. As actuacións en materia de xuventude dispoñen de 1,1 millóns de euros. E os colectivos e entidades de iniciativa social de 1,1 millóns de euros sempre en concorrencia competitiva.

No que respecta ao fomento da cultura e da lingua galega, dende o novo goberno da Deputación adicaranse 3,7 millóns para promoción cultural e protección do patrimonio histórico-artístico e os servizos linguisticos; 1,6 millóns para bibliotecas e arquivos; e 4,2 millóns para o Museo Provincial.

No que atingue ao Deporte, segundo subliñou Silva, vaise traballar con criterios e proxectos que garantan o futuro para o que imos elaborar un plan que se centre en fomentar, promover e difundir o deporte en colaboracións cos municipios. No que respecta as melloras das instalacións deportivas no orzamento de 2016 adicaranse máis de 3 millóns de euros.

Pola súa banda, o vicepresidente provincial, César Mosquera, engadiu que o novo orzamento é “profundamente rupturista”. Destacou que é resultado de facer real o acordo de goberno asinado en xullo polas dúas forzas políticas do goberno de coalición. “Estamos contentos de acadar aquelo ao que nos comprometemos. Estamos efectivizando punto por punto e indo máis alá da dirección que nos marcamos. Eso hai que poñelo en valor nun momento no que hai un descreimento da política por parte da cidadanía, xa que os gobernos prometen unha cousa e fan a contraria”, sinalou.

En canto ás cifras, o vicepresidente puxo de manifesto que nos vindeiros tres meses, cando se liquide o orzamento de 2015, se poderán incorporar ás contas provinciais anunciadas hoxe outros 20 millóns de euros de remanentes que se destinarán a proxectos concretos listos para ser executados. “Queremos implantar un cambio na política económica. Antes poñíanse os cartos e logo buscábase en qué gastar. A partir de agora as cousas funcionarán de xeito diferente: se hai proxectos, os cartos irán a eles, o que supón maior eficacia á hora de gastar os cartos públicos e poder cumprir os obxectivos “, abondou.

Finalmente, Mosquera quixo deixar claro que non se ten producido ningunha “apocalipse” pola entrada do novo goberno na Deputación, máis ben o contrario, “estamos a traballar cun ritmo enorme”. Así mesmo, sinalou que co grande traballo feito polos dous grupos nos orzamentos poderían “terse producido diferencias ou descosidos na coalición”, pero subliñou que “eso non existe” grazas ao acordo de goberno inicial.

También te puede interesar