Cultura

Máis de mil persoas acuden a ver a ‘Memoria de Salvaterra’

SalvaterraAo longo da pasada fin de semana na que estivo aberta a exposición Memoria de Salvaterra, pasaron pola mesma máis de 1.000 persoas, moitas delas de fora do concello.

A exposición, que contaba con medio centenar de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezaesete parroquias de Salvaterra, moitas delas compartían historia con Monçao, en Portugal, polo que achegáronse moitos veciños desta localidade.

Ademais das fotografías, podían verse obxectos do antigo cine Coliseo, documentos de xornais antigos, onde saían publicidade de empresas da zona e novas sobre festividades ou temas locais, a elas entradas do antigo transbordador que unía Salvaterra e Monçao antes da chegada da Ponte Internacional.

A exposición tivo un ‘efecto chamada’ posto que, segundo indica a organización, “nestos tres días, houbo moitos veciños que amosaron o seu interese e aportar máis fotografías para que as poidamos dixitalizar”.

También te puede interesar