É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO entorno da Praza de Abastos do Porriño non perderá aparcamentos e se recuperará para o disfrute dos veciños
O Goberno local do Porriño mantivo o pasado luns, día 23, unha xuntanza, no Concello, con praceiros e comerciantes da Praza de Abastos, na que se realizan obras que van a cambiar completamente o seu aspecto.
Na mesma, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, explicou aos titulares dos negocios que as obras están ainda na na súa Primeira Fase e informoulles dos cambios que se realizaron dende o seu inicio, como a mellora do chan de pedra que estaba proxectado.
Na xuntanza, que Carrera calificou de “moi proveitosa”, o goberno local aclarou que a zona, en contra do que se viña difundindo, non perderá aparcamentos, “mesmo está previsto a creación de 4 prazas de estacionamento novas na zona Oeste da praza” e, na parte Sur, habilitaranse zonas para que os clientes que se desplacen en coche poidan facer unha parada dun máximo de 15 minutos para subir as súas compras ou recoller a unha persoa, sen necesidade de estacionar.
Tamén discutiuse a posibilidade de que a rúa Cando pase a ser de dobre dirección, “unha demanda histórica de praceiros e comerciantes”, para o cal habería que acometer varias obras máis para facelo posible, algo que está no ánimo do goberno local.
O proxecto, no conxunto, que estará rematado en 2016, suporá non so “unha mellora na mobilidade de vehículos, coa entrada e saída separadas dende a zona de aparcamentos, senon que implicará a recuperación dunha amplia praza para disfrute dos veciños no centro mesmo do Porriño”.
A xuizo do Goberno local, a xuntanza concluiu con “acordos interesantes” e o compromiso de volver a reunirse coa asociacións de comerciantes e praceiros para estudar e acordar calquera proposta, idea ou cambio.
Manuel Carrera pediu disculpas aos veciños polos trastornos que poidan ocasionarse durante o tempo que duren as obras e pediu comprensión polos mesmos, na seguridade de que o resultado servirá para rehabilitar esta parte do Porriño para os cidadáns.