Cultura Vigo al minuto

Convocadas as bolsas para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo ano 2016

LondresXunta de Goberno Local, aprobou as Bases reguladoras e convocatoria específica das Bolsas “Concello de Vigo” para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOIV) para o ano 2016, coas seguintes características básicas:

Destinatarios: Alumnado da sede central da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ou calquera das súas seccións.

As solicitudes, conforme ao modelo oficial que se inclúe nas Bases reguladoras, deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello, no prazo de 8 días hábiles (incluídos sábados) contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases poden consultarse, e descargárense os formularios de solicitude, premendo aquí e na da www.eoidevigo.org.

Na sede central da EOI de Vigo existirá, así mesmo, un punto permanente de información e axuda á xestión ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

También te puede interesar