O conselleiro de Saniudade desbotou este mércores, durante unha intervención no Parlamento de Galicia, incluir a vacina da Meninxite B no calendario oficial e pediu non crear “ansiedade” entre os país.
Jesús Vázquez Almuiña respostou unha pregunta da deputada do BNG Montse Prado, na que advertía da mala actuación do Goberno de Galicia neste tema e a súa venda nas farmacias, logo de que os país fosen a por ela a Portugal.
O conselleiro subliñou que moi poucos países pagan na actualidade esta vacina e engadiu que a incidencia da enfermidade en Galicia é a máis baixa da historia. Vázquez Almuiña indicou que hoxe hai vacina para os rapaces de cero a dous anos, que son o maior grupo de risco.
O pasado 19 de setembro, a antecesora de Almuiña na Consellería, Rocío Mosquera, asegurou en referencia a este tema: “o Ministerio de Sanidade adquire este compromiso[ poñer á venda nas oficinas de farmacia a vacina do meningococo B] con Galicia, tras recibir varias solicitudes, dende novembro do pasado ano, por parte da Consellería de Sanidade ante a adquisición irregular que se viña rexistrando en Portugal”.
E hai menos dun mes, o presidente Feijóo recoñecía que había un retraso na disponibilidade da vacina nas farmacias, circunstancia que o seu goberno xa se comunicou ao Ministerio de Sanidade.