Galicia perdeu no primeiro trimestre do ano 8.365 habitantes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundidas este venres. Nos primeiros tres meses deste 2015 morreron 7.130 persoas máis das que naceron, máis dun cento emigraron aos estranxeiro e 1.100 a outras partes do Estado, co cal a poboación de Galicia a finais de marzo era de 2.726.291 persoas.
Se esta tendencia se mantén, suporá que a finais deste ano o número de habitantes de Galicia podería reducirse en 33.500 persoas, dúas veces e media máis que en 2014, cando o saldo vexetativo foi negativo en 13.456 habitantes.
O ano pasado a provincia de A Coruña perdeu 5.838 habitantes, quedándose en 1.126.897; Lugo perdeu 3.559 residentes-na actualidade a provincia ten 339.189-; Ourense quedou sen 4.058 veciños, ata os 318.235; e Pontevedra pasou de 950.919 a 947.085, en total 3.834 menos.
Se a perda de poboación segue na mesma proporción, a provincia de Ourense estaría deshabitada a finais deste século e a de Lugo na primeira década do que ven.