Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer más‘Té con Kant’, no Auditorio do Concello, este mércores, coa compañía Inversa Teatro
A compañía Inversa Teatro representará, este mércores, día 9, no Auditorio do Concello (9 da noite) a peza teatral “Té con Kant” con entrada libre ata completar o aforo. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.
Johanna Gottfried e Theodora Kraus son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do S.XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant.
O final do espectáculo decídeo o público de forma asamblearia, seguindo o imperativo categórico kantiano e despois de que este escoite, por parte dunha das personaxes, unha crítica marxista e feminista á ilustración.