Cultura

#20D So 22.553 dos 440.000 galegos residentes no exterior poden votar nestas eleccións

ElecciónsDos 440.000 galegos anotados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), so 22.553 poderán votar. Esas son as solicitudes de voto ‘pregado’ que foron aceptadas para as Eleccións Xerais que se celebran este domingo. Son preto de 11.000 menos que hai catro anos, cando poideron votar máis de 33.000 galegos do exterior.

Este feito supón que dos 2.700.000 que teñen dereito a voto o 16% no poden exercelo, un feito inédito nas democracias que integran a Unión Europea. Exactamente foron aceptados 8.164 papeletas de coruñeses do exterior, 7.094 de pontevedreses, 4.321 ourensáns, e 2.974 lucenses.

Polo que atingue aos que viven en Galicia hoxe poden acudir a votar un total de 2,3 millóns de persoas: 936.705 na provincia de A Coruña, 775.061 na de Pontevedra, 286.322 en Lugo e 267.724 en Ourense, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

También te puede interesar