O Servizo Galego de Saúde (Sergas) empezará a vacinar, este luns, contra a tose ferina, ás mulleres embarazadas que deben recibir a vacina na semana 32 de xestación. Serán os médicos que seguen o embarazo os que informen sobre ás súas pacientes sobre este proceso.
Dacordo cos datos do Goberno de Galicia, na actualidade hai 18.000 embarazadas que, seguindo as recomendacións da Comisión Galega de Enfermidades Inmunoprevisibles, deben vacinarse.