Vigo al minuto

O 2 de xaneiro chega ‘Sons Miúdos’, no Auditorio Mar de Vigo

Sons Miudos 3Vigo acollerá o primeiro sábado do 2016 o espectáculo de música infantil galega: “Sons Miúdos”. Trátase dunha montaxe que xa foi posta en escena o pasado outubro en Santiago de Compostela e que, tras o éxito acadado na capital galega daquela, con cheo total de aforo no Auditorio de Galicia, viaxa agora á Vigo co mesmo propósito reunir enriba do escenario aos máis importantes músicos e cantantes do panorama actual infantil galego.

Uxía de María Fumaça, Magín Blanco de A Nena e o Grilo, Paco Nogueiras de Brinca Vai!, Gloria de Mamá Cabra, Xoán Curiel de Estamos no verán e Pablo Díaz de Tic-Tac protagonizarán este concerto infantil no que durante hora e media música e teatro van da man. Ademais, todo será presentado por Montse Piñón e Pepablo Patiño de Ghazafelhos e acompañado polos instrumentistas do Cuarteto dos Sons Miúdos –Javier Constenla, Brais das Hortas, Carlos Freire e Pablo Vidal.

A cita en Vigo, organizada polo Concello en colaboración coa distribuidora de propostas culturais para a infancia e a xuventude Urdime, será o sábado 2 de xaneiro, ás 6 do serán, no Auditorio Mar de Vigo. As entradas poden xa adquirirse a través de internet en Ataquilla.com.

Sons Miudos 5“Sons miúdos” quere facer evidente a gran riqueza do panorama musical galego infantil a través deste espectáculo que consegue aos máis importantes músicos e cantantes dos grupos galegos infantís. Durante a función, os actores van fiando unha narración de xeito teatral que percorre a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos a medida que se van tocando unha lista de cancións escollidas entre o repertorio dos e das cantantes colaboradores e tocada e cantada directamente polos seus verdadeiros protagonistas.

También te puede interesar