É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEste mércores, un temporal de nivel laranxa traerá ventos de forza 8 e ondas de ata 6 metros
O Goberno de Galicia informa de que un temporal de nivel laranxa chegará á costa das provincias de de A Coruña e Pontevedra este mércores, con ventos de forza 8 e ondas de ata 6 metros.
Da cordo coa predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), dende primeiras horas desta madrugada o temporal empezará a zoar, apenas 48 horas despois de que o vento e a choiva cruzasen Galicia, causando asolagamentos, tirando postes e arbores, causando cortes do subministro de electricidade ou dificultando a circulación nas estradas.
O Goberno galego xa deu aviso aos concellos, deputacións, confradías de pescadores e clubes náuticos para que aumenten as precaucións.