Galicia

Dende este día 1 os pais de nenos nacidos ou adoptados en 2016 poderán solicitar axudas de 100 € ao mes

BebéAs familias dos nenos e nenas que nazan a partir deste venres, 1 de xaneiro de 2016, reciban 100€ ao mes para costear parte dos gastos dos bebés nos seus primeiros momentos de vida. Esta axuda tamén está dirixida a aqueles pais e nais que adopten un neno ou unha nena menores dun ano.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a orde correspondente de creación da chamada ‘Tarxeta Benvida’, para que os pais poidan solicitar a axuda desde o mesmo día 1. A tarxeta poderá utilizarse para gastos de alimentación, gastos de hixiene e gastos en produtos farmacéuticos. A mesma poderá canxearse tanto en supermercados e tendas de alimentación como farmacias e parafarmacias.

También te puede interesar