As carrozas da Cabalgata de Reis están rematadas e preparadas para desfilar deste martes, tal e como comprobou o alcalde durante unha visita ao recinto feiral do Ifevi na que lembrou que, se as condicións climatolóxicas o permiten, o desfile partirá da rotonda de Isaac Peral ás 6 da tarde, en dirección a García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen e Paseo de Alfonso. Previamente, ás 5, As Súas Maxestades serán recibidas pola Corporación Municipal na Porta do Sol.
Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Vigo pola mañá e teñen un programa moi apretado antes de iniciar o seu percorrido polo centro na comitiva ‘Fantasía de luz e son’, que estará integrada por unhas 1.200 persoas, 13 carrozas, 2 autobueses, 8 grupos de animación e 18 caballos con seus respectivos xinetes, e de repartir 3 toneladas de caramelos sen gluten e outra tonelada sen gluten nen azucre.
O Concello extremará unha vez máis a seguridade con case 500 efectivos pendentes dun percorrido que estará totalmente valado. Axentes da Policía Local, voluntarios e membros de Protección Civil velarán para que o desfile se realice coas maiores garantías de seguridade. Como todos os anos, estableceránse varios puntos de encoontro para os nenos perdidos, no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e Puerta do Sol, e se establecerá un posto destacado de emerxencias no cruzamento de Colón con Policarpo Sanz.