Galicia

196 inicidencias causadas este xoves pola chuvia e o vento en toda Galicia

temporal-árbol-caídoO temporal de vento e chuvia que pasa por Galicia dende este xoves causou, segundo fontes de Emerxencia, 196 incidentes en todo o país. Asolagamentos, caída de arbores, accidentes nas estradas ou desprendementos de terra, foron os máis habituais.

Cuntis, na provincia de Pontevedra- con asolagamentos de casas e negocios– Vilaba-coa suba dos ríos Labrada e Ladra-e Guitiriz- afectado polo río Parga que fixo que se cortase a estrada-en Lugo-. Foron os concello máis afectados, ademais de Ponteareas, onde o Tea asolagou a N-120, na Freixa, sufriron os efectos da chuvia.

A fronte seguirá sobre Galicia este venres, deixando ceos cubertos con chuvia forte. Dende a metade do día haberá claros mentres as temperaturas descenderán, máis a medida que pasen as horas.

También te puede interesar