O secretario xeral dos socialistas de Galicia poderá, por fin, declarar, diante da xuiza Pilar de Lara. Hai que lembrar que José Ramón Gómez Besteiro foi citado a testificar como investigado o 31 de xullo de 2015, aunque finalmente a xuiza De Lara suspendeu a súa comparecencia e, dende esa data, non admitiu nin un so dos escritos presentados polo abogado do líder socialista.
Nestos preto de 6 meses, Gómez Besteiro presentou diferentes escritos no xulgado nos que pediu a nulidade das actuacións, ademáis de facer público un informe das propiedades, patrimonio e mesmo movementos das contas bancarias, tanto súas como da súa muller.