Galicia

A Fiscalía denuncia ao Sergas pola falla de autorización de prescrición de fármacos contra a Hepatite C a enfermos con esta doenza

EncierroSegundo informan representantes dos traballadores da Sanidade Pública, a Fiscalía ven de presentar unha denuncia contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) diante do Xulgado de Instrución número 3 de Compostela, logo de estudar a querela presentada polo colectivo Batas Brancas, en marzo do ano pasado, pola morte de varios enfermos de Hepatite C en Galicia mentres agardaban pola autorización dos organismos do Goberno Galego para que lles administrasen os medicamentos receitados por un especialista para tratar a súa doenza.

Dacordo coa denuncia, as prescricións tiñan que ter a aprobación da Comisión Farmacéutica de cada hospital e da Comisión Galega e a Comisión Central de Farmacia e Terapéutica.

También te puede interesar