M.P.G, de 26 anos, e F.J.R.L., de 30, veciños de Salvaterra, foron detidos pola Garda Civil, acusados da baga de incendios que afectou en setembro ao Sur de Pontevedra e que orixinou 20 focos de lume.
A denominada ‘Operación Leña Seca’ investigou os incendios dos días 6 e 7 de setembro pasados nos concellos de Ponteareas, As Neves e Salvaterra, con preto de dúas ducias de lumes. Axentes do Seprona poideron chegar aos arrestados grazas á colaboración de varios veciños, quenes informaron da presenza dunha moto “de características moi particulares” nas zonas dos incendios, o que permitiu aos investigadores situar aos detidos nas mesmas grazas ao seguimento dos seus teléfonos móbiles.