O pago no aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro pódese realizar xa con tarxeta bancaria dende esta semana. Ata agora os usuarios só podían realizar o abono das estancias en efectivo. A conexión dos caixeiros automáticos á rede de fibra óptica que abastece ao hospital permite xa o esta nova modalidade de pago.
Esta medida, segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), “complementa á rebaixa de tarifas experimentada desde o día 1 de decembro pasado”. O Sergas lembra que a primeira media hora de estacionamento é gratuíta e a segunda media hora custa 90 céntimos. As horas sucesivas custan 1€, ata un máximo de 8 € as 24 horas. “Estos prezo son equiparables no estacionamento da zoa de Urxencias”, cun máximo de 10 € as 24 horas.
O uso da tarxeta implantouse tamén nos últimos días a outros servizos como as cafeterías que funcionan no hospital, así como ás máquinas expendedoras dos bonos para pacientes ingresados e familiares ou visitas poidan ver a televisión nas habitacións do Álvaro Cunqueiro.