Galicia

Publicadas no Diario Oficial de Galicia as bases das axudas para Escolas Infantís de 0 a 3 anos

imagesA Consellería de Política Social vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social. O orzamento destinado a estas axudas, acada os 3.067.822 €, o que supón un aumento do 2% con respecto ao ano 2015.

Estas axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxecto de compensar os gastos producidos desde o 1 de xaneiro ata a data de xustificación e os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, gastos de alimentación ou outros gastos xerais de mantemento do centro.

A axuda anual para gastos de mantemento calcularase en función do número de unidades en funcionamento autorizadas da escola infantil de 0 a 3 anos e da prestación do servizo de comedor. Así, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 18.873 € para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.011 € para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.149 € para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.340 € para aqueles centros sen servizo de comedor.

Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria prevé un anticipo do 50% cando a subvención supere os 18.000 € e do 80% se e é inferior a esta cantidade.

También te puede interesar