Comarcas

Aprobadas as bases do Concurso de Comparsas do #Entroido do Porriño, dotado cuns premios de 30.000 €

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre/Foto: vigoalminuto.com
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre/Foto: vigoalminuto.com

O Concello do Porriño ven de aprobar as bases do Concurso de Comparsas do Entroido 2016, que poden consultarse na Casa do Concello e no Centro Cultural. Nas mesmas indícase que poderán participar no concurso aquelas comparsas compostas por un mínimo de 10 persoas, podendo competir nas categorías Infantil (ata 12 anos) e Adulto (de 13 anos en adiante).

As inscripcións poden facerse na primeira planta do Concello dende o mércores 27 de xaneiro ao martes 2 de febreiro, en horario, de luns a venres, de 9 da mañá a 3 da tarde. A inscripción é obrigatoria para optar aos premios, aos que este ano o Goberno local destina un total de 30.000 €. Tamén será obrigatorio participar no desfile do sábado e martes de Entroido, ademáis do Mércores de Cinza no acompañamento do Enterro da Sardiña.

Os premios, para as dúas categorías, Intantil e Adulto, se establecen segundo os integrantes de cada comparsa; para as que teñan de 10 a 19 membros o premio será de 300 €; para as de 20 a 39 compoñentes, de 500 €; as que reúnan entre 40 e 55 integrantes, 800 €, e para as que superen os 56, haberá un premio de 1.000 €.

O sábado 6 de febreiro, a saída das compararsas será dende a rúa Antonio Palacios, seguindo por Domingo Bueno, Praza de San Sebastián e chegada á Praza de Antonio Palacios.
O Martes, 9 de febreiro, partirán da Praza de San Sebastián, para chegar á Praza de Antonio Palacios.
O Enterro da Sardiña comezará co Velorio (de 5 a 7 da tarde) do Mércores de Cinza, día 10 de febreiro, saíndo a comitiva do Círculo Recreativo Cultural para continuar pola rúa Antonio Palacios, Domingo Bueno, Baixada pola Igrexa e chegada a Antonio Palacios.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, invita a todas as porriñesas e porriñeses a participar dunha das festas máis concorridas da vila na que, «cada ano, a orixinalidade e a imaxinación dos participantes sorprendenos a todos e serven, ademáis de para rir e bailar, para aproveitar uns días de lecer no que os veciños saen á rúa para disfrutar todos xuntos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.