Preto de 8.500 aspirantes optan dende este sábado a unha das 287 prazas na sanidade pública galega. Os mesmos presentáronse este sábado aos exames do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que se celebraron no Recinto Feiral de Silleda.
Segundo o Goberno de Galicia, os exames integran o proceso selectivo no que foron admitidas 9.528 persoas, das cales 8.488 corresponden á categoría de enfermeiro e 1.040 á de médico de familia. Na quenda de médicos de familia presentáronse 910 e na de enfermeiros 7.564.