Galicia

Outono Gastronómico, de @TurismodGalicia, premio á enogastronomía en #Fitur

GastronomíaO programa de Turismo de Galicia ‘Outono Gastronómico’-no que participan un cento de establecementos das catro provincias- recibiu o premio ao mellor produto de turismo activo no campo da enogastronomía. O premio, convocado cada ano pola revista Aire Libre e a Feira Internacional de Turismo (FITUR), ten coma obxectivo fomentar o desenvolvemento dos productos de calidade.

O xurado salientou que, grazas á acertada combinación dos deliciosos pratos da gastronomía galega e a estanza en acolledoras casas rurais, o programa permite, a prezos moi competitivos, gozar da beleza do outono galego en todo o seu esplendor.

También te puede interesar