
vigoalminuto participa este venres, na Coruña, xunta con compañeiros de CUAC FM, o xornal Diagonal e Praza Pública, no coloquio “Outras formas de comunicar a política”.
No mesmo, cada representante destes medios de difusión, alonxados dos considerados como ‘oficiais’, e que temos un particular xeito de informar da actualidade, explicaremos as nosas especificidades e, en conxunto, reflexionaremos sobre cómo debe ser tratada la política, dando cabida á participación do público asistente e tentando, ademáis de explicar o noso traballo, respostar ás preguntas que nos fagan.