O conselleiro de Sanidade informou este venres que agarda que a maior incidencia da gripe en Galicia chege nunhas semanas e salientou que, a esta altura do ano, hai menos casos da enfermidade que nas mesmas datas de 2015.
Jesus Vázquez Almuiña, médico de profesión, sinalou que este 2016 o ‘pico’ da gripe vai máis retrasado, en parte grazas á meteoroloxía, ainda que advertiu que nas vindeiras semanas está previsto que aumente o número de doentes.
“Agora mesmo hai poucos ingresos nos hospitais galegos por mor da gripe”, engadiu, e asegurou que os centros sanitarios están preparados para facerlle fronte ao aumento da incidencia desta doenza.
Segundo os seus datos, Vázquez Almuiña agarda que o número de casos de gripe sexa moi semellante ao de 2015 e sinalou que a variedade deste inverno non é paparticularmente agresiva.