A alcaldesa, Eva García de la Torre, invita a todas as porriñesas e porriñeses a participar no ‘Entroido’ do Porriño, unha das festas máis concorridas da vila na que este ano participan 1.300 persoas nas 19 comparsas inscritas, 14 de adultos e 5 infatís.
O programa empeza o Sábado, día 6, ao mediodía, na Praza de Antonio Palacios coa ‘Animación na Rúa’; ás 12:30, a actriz Araceli Saavedra lerá o ‘Pregón’ que, fará mención ao “carácter familiar do Entroido”, unha festa “feita por e para os veciños, na que o que conta son a imaxinación, as gañas de divertirse e a catarse de romper co día cotiá”.
Ás 14:00 h. chegará o ‘Xantar do Entroido Charanga’, antes do ‘73º Xogo da Ola’, na rúa do mesmo nome; ás 16:30, na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’ que dará paso, ás 18:00 h. ao ‘Gran Desfile de Comparsas’, xunto coa Rondalla Santa Eulalia de Atios, que sairá de Antonio Palacios, pasando por Domingo Bueno, a Praza de San Sebastián, rematando diante do Concello, no que comezará a ‘Gran Festa de Comparsas e Coplas Infantís’. No caso de que chova, as comparsas sairán da Praza de San Sebastián ás 18:30 h. Ás 22:30 chegará a hora da ‘Verbena’, coa Orquesta Nevada.
O domingo, día 7, ás 17:00 h, no Círculo Recreativo e Cultural, ‘Festa Infantil’. O luns, día 8, ás 12 na Praza de Antonio Palacios ‘Animación na Rúa’ que seguirá ás 17 h. no Centro Sociocomunitario e na Praza de Antonio Palacios.
O martes, día 9, ás 12:00 e as 17:00 h., na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’. Ás 18:30, dende a Praza de San Sebastián, ‘Gran Desfile de Comparsas’ que abrirá, na Praza de Antonio Palacios as ‘Coplas de Adultos’. Ás 22:00.- ‘Verbena’ co Grupo Marango.
O mércores, día 10, ‘Mércores de Cinza’, ás 12 e 17:00 h. ‘Animación na rúa’, na Praza Antonio Palacios; ás 17:00 h. no Centro Recreativo Cultural, ‘Velorio da Sardiña’; ás 19:00 h. ‘Enterro da Sardiña’, que sairá do Centro Recreativo Cultural, seguirá por Domingo Bueno, San Sebastián para chegar á Praza de Antonio Palacios, onde empezará a ‘Copla da Sardiña’, antes da lectura do ‘Testamento’ e, na Ponte do Valo, ‘Lectura das derradeiras vontades’.