Galicia

@En_Marea sería hoxe, con máis apoios, a segunda forza política de Galicia

Grupo parlamentario de En Marea
Grupo parlamentario de En Marea

Segundo os datos do barómetro de xaneiro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), coñecidos este xoves, a coalicion En Marea –integrada en Galicia por Podemos,  Esquerda Unida e Anova- sería hoxe a segunda forza política galega, so por detrás do Partido Popular.

Os datos sinalan que mesmo melloraría os resultados que acadou nas Elecións Xerais do pasado 20 de decembro-nas que obtivo máis de 400.000 votos, o 25% do total, e 6 escanos-.

A enquisa, feita apenas dúas semanas despois das Elecións e antes da constitución do Congreso e o Senado, sinala que se os galegos tivesen que votar de novo aumentarían o seu apoio a En Marea en un 1%.

No conxunto do Estado, o CIS, apunta a que o Partido Popular gañaría de novo co mesmo resultado que o 20 de decembro, o Partido Socialista perdería un 1,5%, e se quedaría co 20,5% dos sufraxios, por baixo de Podemos e os seus coaligados: en Comun Pódem, A Marea e Compromis; Ciudadanos baixaría do 13,9 ao 13,3% e IU repetiría.

También te puede interesar