Galicia

O presidente Feijóo anuncia que @Xunta convoca 448 novas prazas para Servicios Sociais, Prevención de Incendios e Saúde Laboral

O presidente do Goberno de Galicia
O presidente do Goberno de Galicia

O presidente do Goberno galego adiantou este xoves, logo do Consello do mesmo, que remitiu á Mesa de Negociación unha oferta de emprego público para 448 novas prazas en Servicios Sociais, Prevención de Incendios e especialistas en Seguridade e Saúde Laboral.

O presidente Feijóo sinalou que 146 prazas son para Servizos Sociais e 123 para Prevención e Extinción de Incendios, concretamente, para conductor de camións motobombas, vixiantes, peóns e enxeñeiros. O xefe do Executivo engadiu que “por primeira vez en Galicia” haberá 22 prazas para especialistas en Seguridade e Saúde Laboral, ás que se engadirán 116 para promoción interna de infomáticos e os corpos superior, de xestión e auxiliar.

A convocatoria destas 448 prazas, dixo o presidente, sumaranse ás 818 na sanidade e 1.112 en Educación, “son, en conxunto, 2.400 prazas de emprego público que, en total, suman as ofertas dos anos 2010 a 2014”.

También te puede interesar