
Segundo informa o goberno local nun comunicado, por mor das previsións meteorolóxicas adversas e da alerta decretada para mañá sábado 6 de febreiro, o Concello decidiu aprazar a celebración do desfile-concurso de comparsas e carrozas ,que tiña prevista a súa saída ás 6 da tarde.
O mesmo será o sábado 13 de febreiro. Todas as demas actividades do Entroido seguen no seu horario.