Comarcas Vigo al minuto

@depo_es aproba as subvencións para a contratación de 196 persoas en nove concellos da provincia

Porriño/Foto:vigoalminuto.com
Porriño/Foto:vigoalminuto.com

A Deputación de Pontevedra aprobou as subvencións para a contratación de 196 persoas dentro do plan de emprego en nove concellos de provincia. En concreto, se aprobaron as axudas, por valor de 1.731.669 € para os concellos de Crecente, Lalín, Marín, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, O Porriño, Ribadumia, Rodeiro e Tui.

Esta é a segunda relación de concellos para os cales se aproban as subvencións para a contratación de persoal para el plan de conservación e funcionamento de ben e servizos municipais dentro do “Plan Concellos 2016”.

Segundo informa o organismo provincial, o Plan Concellos 2016 supón unha transferencia de 40 millóns de euros que a Deputación pon a disposición dos 62 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc. Este plan repártese en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%).

Así, os concellos de menos de 10.000 habitantes contarán con 7,2 millóns de €, os que teñan entre 10.000 e 20.000 habitantes 9,6 millóns e os que conten con entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán 7,2 millóns de €.

Nesta segunda relación aprobáronse as axudas para a contratación de 10 persoas en Crecente (85.671,60 €); 34 persoas en Lalín (352.170 €); 24 persoas en Marín (141.146 €); 14 persoas en Mondariz-Balneario (58.987,32 €); 20 persoas en Pazos de Borbén (84.267,60 €); 30 persoas en O Porriño (228.150,60 €); 22 persoas en Ribadumia (97.292,23 €); 20 persoas en Rodeiro (76.861,27 €); e 22 persoas en Tui (213.805 €).

Tamén, dentro do “Plan de Concellos 2016”, a Deputación aprobou os orzamentos para a amortización de débedas con entidades financeiras e o pagamento de acredores, para os concellos de Catoira e A Lama. Para o primeiro a cantidade que recibiu o visto boda Xunta de Goberno e de 56.979,15 euros para o pago de acredores e para o segundo a cantidade é de 60.000 euros para o pago de débeda financeira.

También te puede interesar