Galicia

A costa galega, en #AlertaVermella dende as 8 da tarde do luns

Alerta na costaA dirección xeral de Emerxencias do Goberno de Galicia ven de mandar un aviso este domingo pola tarde no que indica que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa  dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel Vermello entre as 8 da tarde deste luns, día 8,e as 12 da noite do martes, día 9.

O mesmo, indica o aviso, afectará ás provincias de A Coruña, noroeste, oeste, e a Mariña lucense por mar combinada do oeste e noroeste de 8 a 9 metros.  A nota engade que permanece en nivel Laranxa a alerta por fenómeno meteorolóxico adverso por costeiros para o resto de todo o litoral.

También te puede interesar