É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másLugo pon o talento galego nos Goya cos premios a ‘El desconocido’ dos lucenses @danidelatorre75 e @jorgecoira
‘El desconocido’, a película dirixida polo lucense Dani de la Torre, acadou dous Premios Goya este sábado, o de Mellor Son– para David Machado, Jaime Fernández e Nacho Arenas- e Mellor Montaxe, para o tamén lucense Jorge Coira.
A película, da que é protagonista Luis Tosar–tamén de Lugo, e que conta con tres Premios Goya polos seus traballos en ‘Los lunes al sol’, ‘Celda 211’ e ‘Te doy mis ojos’- que estaba nomeado como mellor actor, pon de manifesto que o talento do cine galego está en Lugo: a metade das estatuas que obtivo o cine feito en Galicia nos 30 anos que fai que se entregan os galardóns da Academia, están en mans de lucenses.
A película gañadora desta edición foi ‘Truman’, o filme de Cesc Gay que conqueriu 5 dos 6 premios aos que aspiraba: Mellor Película, Mellor Director, Mellor Guion Orixinal, Mellor Actor Protagonista (Ricardo Darín) e Mellor Actor de Reparto (Javier Cámara).