Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másO Concello de Tui alerta do perigo pola caída dun muro diante do edificio de Correos
O Concello de Tui pide precaución aos viandantes que circulen pola rúa Martínez Padín, á altura do número 12, diante do edificio de correos. Onte, sábado, debido aos fortes ventos e choivas producíronse desprendementos do muro medianeiro do Convento das Doroteas que caeron sobre o tellado do edificio de Correos.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e do Parque Comarcal do Porriño. Os bombeiros retiraron os cascotes caídos. Por este motivo a Policía Local valou a zona de tal xeito que non se pode camiñar pola beirarrúa xusto diante do edificio de Correos.
Dende o Concello de Tui fan un chamamento á precaución aos viandantes que transiten por esta zona evitando camiñar pola beirarrúa neste tramo de Martínez Padín.