É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másTráfico inicia este luns en Galicia unha campaña de control de camións e furgonetas
Tráfico inicia este luns en toda Galicia unha campaña de control de camións e furgonetas para mellorar a seguridade vial. Axentes da Garda Civil inspecionarán estos vehículos dos que circulan polas estradas galegas preto de 250.000, segundo indica a Delegación do Goberno.
Os axentes verificarán as condicións técnicas e a seguridade, a carga, o sistema de alumeado e as rodas. Ademáis comprobarán que os conductores cumpren cos tempos de descanso e condución, farán probas de alcoholemia e revisarán a documentación.
A Direción Xeral de Tráfico, que fixo o ano pasado 2.966 controis a estos vehículos, lembra que 8 persoas morreron en accidentes nos que estivo implicado un camión ou unha furgoneta.