Vigo al minuto

Dende este luns pódense presentar as solicitudes para as Becas de Inglés do Concello

LondresDende este luns, día 15 de febreiro e ata o vindeiro día 26, ambos inclusive, pódense presentar as solicitudes para optar a unha das ‘becas de inglés’ do Concello. Hai que lembrar que as «Bases reguladoras e convocatorias ordinaria e extraordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa «Vigo en Ingles 2016», foron aprobadas a finais do mes pasado e que as axudas están dirixidas ao alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato de centros educativos de Vigo.

As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello e as bases, impresos de solicitude e anexos para participar na convocatoria atópanse na oficina do Programa Vigo en Inglés ou pódense descargar premendo aquí.

Para máis información ou formular calquera consulta debe dirixirse a: Oficina Programa Vigo en Inglés, no Concello, Servizo de Educación, Planta 11ª, por no enderezo de e-mail: [email protected] ou chamando ao teléfono 986 810181.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.