A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto denunciou este luns, por medio de Vitoria Louro, membro desta plataforma, que hai máis casos de interrupcións do embarazo sen atención noutros hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Louro declarou aos xornalistas, antes de manter unha xuntanza na Deputación de A Corruña que, logo do caso do Materno desta cidade, apareceron máis denuncias de mulleres que sufriron o mesmo caso en Lugo, Ourense e Ferrol.
Todas elas son mulleres que sofrirun un aborto euxenésico, nun embarazo desexado pero no que o feto estaba morto o tiña graves malformacións, e que “abortaron sen atención de persoal especializado”.
A plataforma exixiu que se abra unha investigación e que aumente o persoal especializado para evitar feitos como os descitos, algo ao que o Sergas, á vista das declaracións do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, non está disposto.