É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMarea de Vigo califica ao alcalde como “incendiairo populista” e o acusa de aproveitar políticamente os empregos de Citroën
O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde contra AGE e Marea de suposto “antiviguismo” por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.
Segundo Rubén Pérez, é curioso ver cómo o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura de Abel Caballero, que “queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA”.
A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións “que foi dende o minuto un a demanda principal que Marea de Vigo expresou públicamente”. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.
“Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde”. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, “anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á discrecionalidade na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais”.
Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un “auténtico chiste” que o propio PP emende ao Goberno de Galicia e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.
En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a avaliación medioambiental, tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.
Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.