
Acoso sexual. Este é o novo cargo ao que ten que enfrontarse o presidente da Deputación de Ourense logo de que a xuiza desestimase o recurso do seu avogado para que a causa aberta contra Manuel Baltar fose arquivada.
No auto, a maxistrada mantén aberta a causa por suborno e tráfico de influencias- ademáis de acoso sexual- logo da denuncia presentada por unha veciña da capital ourensá- que tamén está citada como imputada e perxudicada- contra o presidente organismo provincial ao que acusa de prometerlle un traballo no mesmo se mantiña relacións sexuais con él.
A xuiza sinala que das gravacións de voz achegadas pola denunciante despréndese que Baltar “solicita ou cando menos acepta un favor de natureza sexual” a cambio dun posto de traballo na institución provincial.
No mesmo escrito a maxistrada dinala que para que haxa suborno e tráfico de influencias exíxese “conduta puníbel do particular”, neste caso a denunciante, “que entrega retribución -ou favor de natureza sexual- á autoridade ou funcionario público -o presidente da Deputación- para realizar un acto contrario aos deberes do seu cargo”.