Galicia

Problemas de circulación pola neve en estradas das provincias de Ourense e, sobre todo, Lugo

NeveA neve que caeu en Galicia nas horas pasadas dificulta a circulación en varias estradas das provincias de Ourense e Lugo, que están en alerta laranxa. Tamén hai problemas na provincia de A Coruña, nos concellos de Ordes ou Melide.

Segundo informa Tráfico, hai cortes na LU-540 en Muras, na A-8, en Abadín, na Ag-64, en Vilalba mentres que en Pedrafita hai que usar cadeas e está cortada a LU-633 ata Triacastela. O tráfico está restrinxido na CG21, en Chantada, as cadeas son precisas en O Faro, no Alto do Hospital e en San Roque, O Poio e O Cebreiro.

Tamén hai que usar cadeas en Cabeza de Manzaneda, na OU-0704, mentres que en Pontevedra hai que ir con coidado polo Deza.

También te puede interesar