Galicia

Aymerich, que fora voceiro parlamentario do Bloque, anuncia que deixa de militar no BNG

Carlos-AimerichO que fora voceiro parlamentario do Bloque Nacionalista Galego  Carlos Aymerich adiantou que deixara de militar no BNG logo das decisións adoptadas pola súa XV Asamblea Nacional, que rexeitou, capitaneada pola UPG, todas as propostas doutras correntes da formación.

Diante dos xornalistas, Aymerich preguntouse se “pintan algo aquí” os que non están dacordo coa liña oficial e sinalou que “non ten sentido seguir traballando onde un non é ben recibido e o máis honesto é recoñecer que hai unha maioría que lexitimamente pode adoptar a decisión que entenda máis coherente, pero chega un momento que non queda outra”.

Aymerich engadiu que “os que non compartamos esa liña e os que non sexamos nin a UPG nin do Movemento Galego ao Socialismo estamos obrigados a facer nacionalismo dende outros lugares. Non hai moito máis que dicir”.

También te puede interesar