Vigo al minuto

O luns, día 7, ábrese o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais para nenos de 0 a 3 anos

NiñoA Xunta de Goberno Local aprobou as Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos para o curso 2016/2017. O periodo de solicitude se abrirá o 7 de marzo e estará aberto ata o 31 de marzo de 2016.

Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas infantís ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Pranta 11). Na páxina web www.escolasvigo.org/reim disporán da información necesaria e así mesmo poderase descargar o correspondente impreso de solicitude. Desde a mesma páxina poderán facer a solicitude “on line”.

Listas provisionais: 30 de maio de 2016. A relación provisional de admisións e lista de espera publicaranse no taboleiro de anuncios de cada escola, no Servizo Municipal de Educación e na web citada, abríndose un prazo de reclamacións de 10 días.

Listas definitivas: 23 de xuño de 2016. Coa resolución das reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos lugares indicados. Formalización de matrícula: do 27 de xuño ao 8 de xullo de 2016.

A presentación do impreso de aceptación de praza e pago da matrícula correspondente, no seu caso pode facerse en: Servizo municipal de Educación, Praza do Rei s/n (Planta 11ª) Teléfono: 986 81 01 81 / Correo electrónico: [email protected] e as seguintes Escolas Infantís Municipais:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA CRISTINA” Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores).Teléfono: 986 28 07 32 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “ATALAIA”. Enderezo: Avda. Doña Fermina, 9 (subida á Guía).Teléfono: 986 37 65 03 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA MARTA” Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 interior (esquina rúa Torrecedeira).Teléfono: 986 44 21 53 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “COSTEIRA”.Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns).Teléfono: 986 49 86 77 / Correo electrónico: [email protected];  ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “TOMÁS ALONSO”.Enderezo: Rúa Tomás A. Alonso, 78.Teléfono: 986 29 12 06 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “BOUZAS”.Enderezo: Rúa Casiano Martínez, 18 (Bouzas).Teléfono: 986 24 65 50 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “MESTRES GOLDAR”.Enderezo: Rúa Mestres Goldar, 22 (Castrelos).Teléfono: 986 23 96 44 / Correo electrónico: [email protected]; ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “NAVIA”.Enderezo: Rúa Pedra Seixa, 37 (Navia).Teléfono: 986 68 78 22 / Correo electrónico: [email protected].

También te puede interesar