Galicia

@galizacig convoca concentracións en toda Galicia este martes, coincidindo co ‘Día Internacional da Muller Traballadora’

cartaz 8 de marzo 2016 PRECARIAS.grandeA Secretaría da Muller da CIG convoca para este martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, concentracións simultáneas, ás 12h., en todas as ciudades agás Ourense, onde será ás 11:30 horas, baixo o lema “Precarias” para denunciar o enorme deterioro das condicións laborais das mulleres en Galiza; o incremento das desigualdades e os recortes sociais.

As concentracións serán enA Coruña: Praza de Lugo, na esquina do Zara Home; Ferrol: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón; Compostela: diante do Zara na Praza de Galicia; Vigo:diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz; Lugo: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo; Pontevedra: na Praza 8 de marzo e Ourense: diante do Gadis da Rúa do Concello

A Secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, denunciou este luns a «feminización da pobreza, que medrou nos últimos anos a consecuencia das reformas laborais, fiscais –que incrementaron as desigualdades- e os recortes sociais».
Por iso chamou a saír á rúa e sumarse á «xornada de loita» convocada pola central sindical, que este ano se mobilizará nas tendas do grupo Inditex, «como símbolo da explotación da que son obxecto as mulleres, que son a meirande parte do persoal deste emporio téxtil».

“Mulleres, con contratos a tempo parcial, que traballan a un elevado ritmo de traballo, con grande rotación, salarios baixos, ás cales se dificulta a conciliación, mentres a empresa consegue millonarios beneficios a costa da explotación das traballadoras”.Corral salientou, tamén, a situación na que se atopan as traballadoras de venda, ás que denuncia que “se lles exixe ter boa presenza e sofren discriminacións por razón de idade, xa que a media de idade é de 28 anos e agochan ás de máis de 40 nos almacéns, ou prexubilan ás de máis de 50”.

A secretaria das Mulleres da CIG engadiu a isto, a situación das traballadoras dos centros loxísticos, que “teñen que facer horas extra para poder sacar nunha xornada de traballo a cantidade de prendas marcadas polos ritmos de robotización”; e ás que son explotadas por estas mesmas empresas nos países pobres, nas fábricas de confección de roupa.

Margarida Corral fixo un chamamento tamén a apoiar as actividades organizadas polas coordinadoras locais da Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG fai parte. Actividades e mobilizacións que se desenvolverán baixo o lema “Construíndo feminismo, destruíndo capitalismo” en: Ferrolterra: 7 da tarde, Concentración na Praza do Inferniño; Ourense: 8 da tarde, Manifestación-Festa-Acción, con saída da Alameda e Vigo: 8 da tarde, Manifestación con saída da Praza Portugal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.